Sunday 05 de May de 2024

Vimianzo clausura a primeira quenda concilia Vimiverán


Hoxe tivo lugar a clausura da primeira quenda do Concilia Vimiverán do Concello de Vimianzo, que de momento está a ter unha gran acollida por parte das familias do municipio.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, visitou á rapazada do grupo de Baíñas, e puido comprobar de primeira man ‘o divertidas que son as actividades para as nenas e nenos, sempre baixo estritas medidas de seguridade’.

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose, estiveron cos rapaces e rapazas na praza do Concello, nun estupendo día para clausurar esta primeira quenda.